Cheos de ledicia por contar tamén co apoio da cantante Uxía quen, en canto soubo da iniciativa, prestounos a súa voz na cantiga “Alalá das Mariñas” para dar a coñecer o Concurso de Debuxo sobre a Vivenda Ideal entre a xente nova.
Non poderíamos imaxinar un himno mellor para reflexar o espírito que guiou o nacemento deste I Premio de Arquitectura para un Mundo Mellor.
Parte da letra da cantiga dí así:
Teño unha casiña branca
na mariña entre os loureiros
teño amores teño barcas
i estou vivindo no ceo…
Esperamos que vos guste
Comentarios recientes